Vila tradicionalmente vencellada á industria conserveira, baleeira e pesqueira.

Hoxe en día é o centro comarcal de negocios, foco atractor de investimento e traballadores cualificados, sendo un dos poucos concellos do país que gaña poboación.

Acerca do Concello de Cee

 

EXCURSIÓN ALLARIZ E XINZO DE LIMIA

24/01/2012 -

A Delegación de Presidencia, Benestar , Igualdade e Emprego organiza o domingo 12 de febreiro unha excursión a Allariz e o entroido de Xinzo de Limia.

Prezo: 18€ ( entradas a museos e xantar incluido)

Saída: 8.00h da estación de bus

Inscrición:  Centro Social

   

CEA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUI

17/01/2012 -

 

 

 

A recollida de tickets pode facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cee ou no teléfono 686 986 968. Colabora a Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee.

   

CURSOS DE GALEGO CELGA 1, 2, 3 E 4 NO CONCELLO DE CEE

11/01/2012 -

Dende o Concello de Cee infórmase que ata o 25 de xaneiro de 2012 estará aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de preparación das probas dos niveis CELGA 1, 2, 3 e  4 de lingua galega dirixido a particulares (adultos) e colectivos.

Os cursos impartiranse na vila de Cee e están promovidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Para formalizar a inscrición ou para obter máis información, poderase facer na Casa do Concello dirixíndose á oficina da Orientadora Laboral (2º andar) ou ben coa Normalizadora Lingüísitca (1º andar).

   

25 NOVEMBRO

25/11/2011 -

25 NOVEMBRO DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

12:00H CONCENTRACIÓN NO CONCELLO

LECTURA DO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DARANSE A COÑECER AS PERSOAS GAÑADORAS DO IV CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

REPARTO DE LAZOS BRANCOS E TARXETAS VERMELLAS

GARDARASE 1 MINUTO DE SILENCIO POLAS 54 VÍTIMAS DESTE ANO

20:30H OBRA DE TEATRO "SON DA CORDA" NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO

   

Páxina 1 de 10