Cee es el Ayuntamiento más poblado de los que conforman la Costa da Morte y actúa como centro de servicios para la comarca.

Gracias a estos servicios recibimos a gente de todos los lados, desde trabajadores a feriantes, lo que nos convierte en una villa donde poder disfrutar:

  • Servicios esenciales dentro de la Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para invertir.

Conoce más el Ayuntamiento de Cee

 

Actualidad del Ayuntamiento de Cee: Noticias y Agenda

Axuda pago único para persoas que perciban pensións non contributiba

16/09/2009 -

Axudas de pago único para persoas que perciban pensións non contributivas de xubilación e invalidez e teñan como residencia habitual unha vivenda alugada por propietarios cos que non teña relación de parentesco ata 3º grao.

A contía do complemento para o ano 2009 é de 425€ anuais.

Prazo de solicitude ata o 31 de decembro de 2009.

Lugar de presentación Servizos Sociais.

 

   

DOUS ESPECTÁCULOS INFANTÍS POÑEN FIN Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO VERÁN

14/09/2009 -

A piques de rematar o verán, a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, ofrece para os máis cativos dous espectáculos para os vindeiros sábados, 19 e 26 de setembro, dentro do Programa “Vai Verán 2009”.

O primeiro deles será “As Aventuras de Polichinela " A Galiña Negra”, a cargo da compañía DANTHEA TEATRO, e terá lugar no Salón de Actos do Concello este sábado 19 de setembro ás 19.30 horas.

O segundo, será o sábado 26 á mesma hora e no mesmo lugar; nesta ocasión será a compañía Ni fú Ni fá animación, a encargada de representar o seu espectáculo “Reclica-arte” no que se nos achega música, monicreques e videocreación... todo nun mesmo show.

Con estes dous espectáculos remata a programación cultural do verán xa que na seguinte semana e coa chegada do mes do outubro iniciarase o OUTONO CULTURAL, onde a música internacional do Festival “Cidade de Cristal” que organiza a Agrupación Cultural Albéniz de A Coruña, e o teatro, con actuacións entre outros de Talía Teatro e Carlos Blanco formarán parte da programación dos meses de outubro e novembro.

   

EMAS NA PRAIA DE ESTORDE

14/09/2009 -

O Alcalde de Cee, que desde os seus tempos de concelleiro de Medio Ambiente vense preocupando porque este espazo natural estea dotado de todos os servizos que lle permitan continuar sendo un areal atractivo, propúxose un reto medioambiental mediante a implantantación das normas 14001:2004 e Regulamento EMAS.

Por todo iso a vosa colaboración na correcta segregación dos residuos, o correcto uso da auga e da praia e a vosa opinión son un punto moi importante na devandita implantación.

Ver política ambiental da Praia de Estorde.

   

ENCONTRO DE EXHIBICIÓN ENTRE O "AUTOS LOBELLE SANTIAGO F.S." E O "BURELA F.S." SÉNIOR

27/08/2009 -

O vindeiro venres 4 de setembro ás 21.00 horas disputarase no Pavillón Municipal de Cee o partido de fútbol sala no que se enfrontarán o AUTOS LOBELLE SANTIAGO F.S. (División de Honra) e o BURELA F.S. (División de Prata).

O coste da entrada será de 3 € e se poderán retirar nas taquillas da instalación xa dende 1 hora antes do comezo do encontro.

   

Página 6 de 9