La huella de un explorador
A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude, a través da súa delegada Mª Junquera Cambeiro, está a organizar unha proxección audiovisual “La huella de un explorador” Expedición Nevado Choquezafra (Perú) para este venres día 8 de maio ás 20:30h no Salón de Actos de Cee.
Esta proxección reflexa a escalada á cima do Nevado Choquezafra, de 5.164 metros de altitude (que está localizado a uns 80 kilómetros da cidade de Cuzco, non moi lonxe do Machu Picchu), polos alpinistas Pablo Fadeville e Rubén Suárez.
Esta escalada á cima do Choquezafra, considerada a montaña máxica ou Apu Principal para os últimos guerreiros do reino independiente Inca que poblaron a zona, forma parte da expedición 2008 sobre o Misterio de Vilacamba, que dirixe o coruñés Santiago del Valle (Premio da Sociedade Xeográfica Española), quen realizou estudos e exploracións en dito territorio para descubrir e poñer en valor os restos da capital perdida do último reino dos Incas.
A proxección deste venres será comentada por un dos alpinistas, Rubén Suárez Carballo, bombeiro de profesión no parque de Cee, e aperturista de catro vías no Naranjo de Bulnes e de varias vías de escaladas no monte Pindo.

