Exhibición de baile de salón, aerodance e taekwondo
31/05/2009 -
O vindeiro domingo 31 de maio do 2009 terá lugar no Pavillón Municipal de Cee unha exhibición de baile de salón, aerodance e taekwondo.
Este evento está organizado polo Ximnasio Arte e Movemento de Cee, co patrocinio de Eroski e coa colaboración do Concello de Cee.
O comezo da xornada será a partir das 16.30 horas e a entrada será gratuíta.
Ver cartel

