SÁBADOS DE TEATRO
A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee ofrécevos unha proposta lúdico-cultural para a tarde-noite dos sábados dos vindeiros meses de marzo, abril e maio. Trátase do programa “Sábados de teatro”, no que terán cabida espectáculos de moi variado estilo buscando que pasedes unha velada agradable e divertida ofrecendo ó mesmo tempo unha nova alternativa para o tempo de lecer. A oferta,orientada a público infantil e familiar nos meses de marzo e maio complétase cunha serie de espectáculos teatrais para público adulto a desenvolver no mes de abril. Para facilitar o acceso de todos a este programa, os prezos da entrada aos diferentes espectáculos contan con importantes descontos e bonificacións: Entrada público adulto: 2, 5 € . Entrada público infantil e adulto (pensionista): 1, 5 € . Empezamos este sábado 6 marzo ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello coa obra CONTOS MARIÑEIROS, da man da compañía GHAZAFELHOS. Unha obra para tódolos públicos e recomendada para os máis pequenos, na que se fai un percorrido pola nosa cultura mariñeira fomentando o interese e o respeto polo mar.

