VIII CONCURSO DE PINTURA

 

A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, co obxectivo de fomentar o interese pola actividade artística da pintura, convoca o VIII CONCURSO DE PINTURA, para maiores de 14 anos, conforme ás seguintes bases (RESUMO):

1. Os concursantes poderán participar con dúas obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

φ Temática: abarcará todo o relacionado coa xeografía, historia, arte e patrimonio etnográfico da Costa da Morte, tendo especial preferencia aquelas obras que se inspiren na realidade ceense.

φ Técnica: libre φ Tamaño máximo: 100 x 80 cm.

2. Os cadros, como norma xeral, poderán estar enmarcados para a súa exposición e só poderán estar protexidos por cristal aqueles que empreguen a técnica da acuarela ou pastel.

3. As pinturas entregaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee desde o 1 ata o 15 de abril, ambos inclusive, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas. Aqueles traballos presentados por correo virán ben protexidos nun embalaxe ríxido á seguinte dirección: Concello de Cee (Delegación de Educación, Cultura e Xuventude), Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº, 15270 Cee (A Coruña). Para aquelas obras, que cheguen por correo ou mensaxería, estáblecese un prazo de 7 días a maiores do establecido sempre que o autor/a da obra envíe antes das 13.30 horas do 15 de abril por fax ó Concello de Cee, notificación de que envía a obra. Nela constarán os datos do autor, así como comprobante de correos/axencia de mensaxería de que a obra foi presentada antes das 13.30 horas do citado día 15 de abril.

4. As obras presentaranse identificadas por unha etiqueta onde só figure o título. Ademáis, acompañarase un sobre pechado, con este mesmo título no seu exterior xuntamente cun pseudónimo do autor, a efectos de poder darlle rexistro de entrada á obra. No interior deste sobre pechado constarán os seguintes datos: nome completo do autor, número do D.N.I., enderezo, número de teléfono. Ademáis, incluirá novamente o título da obra e o pseudónimo. No caso de que o autor esté interesado en vender a obra, poderá engadir o dato do prezo da mesma.

7. As obras presentadas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará o sábado 30 de abril de 2011.

8. Establécense os seguintes premios que, dacordo coa lexislación vixente, están suxeitos á correspondente retención fiscal:

- 1.000 € para o ganador

- dous accésits de 600 € cada un

11. As obras premiadas quedarán no poder do Concello pasando a formar parte do seu patrimonio cultural, podendo reproducilos e difundilos con total liberdade.

12. Os premios resolveranse na derradeira semana do mes de abril por un xurado nomeado pola Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, ou persoa en quen delegue. A súa composición darase a coñecer no taboleiro de anuncios municipal.

O TEXTO ÍNTEGRO DAS BASES PÓDESE SOLICITAR NA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA E XUVENTUDE