Remata o Novembro Cultural

Remata o NOVEMBRO CULTURAL en Cee. Estamos na semana de Santa Cecilia, patroa da música, e así, este xoves 24 a partir das 20.00 horas no Salón de Actos do Concello temos unha cita co trio de corda CAMPO DE ESTRELAS.

Ademáis, e con motivo do 25 de Novembro, este venres as 20.30 horas contaremos cunha representación teatral a cargo da compañía FORMA TEATRO que presentará o seu espectáculo “Son da corda”.

A obra conta o inicio da comunicación de tres mulleres, que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas. O que en principio parece ser unha situación de soedade e de profunda necesidade de compartir, acaba convertíndose nun caos absoluto, motivado polo abuso de poder que exerce o psiquiatra (personaxe actancial) fronte a vulnerabilidade das súas pacientes. Son da corda fala de amor, de impotencia, de soidade, de necesidades, de tenrura, de odio ... en definitiva, da complexa xestión do mundo dos sentimentos e dos perigos que isto conleva.

'Son da corda'

Autoría: Rita Tabarés Goldar

Dirección: Rita Tabarés Goldar

 Actrices: Tania L. Villamarín, Sara Baltar e Rita Tabarés