Voltan os Sábados Culturais

Na mañá de hoxe o Alcalde-Presidente do Concello, Ramón Vigo Sambade, presentou a programación cultural para os vindeiros meses. Os eixos principais de actuación van encamiñados a oferta teatral, coa volta do programa SÁBADOS CULTURAIS, así como a celebración de eventos tradicionais como son o ENTROIDO  e LETRAS GALEGAS. A oferta complétase cunha nova edición dos concursos de ACHEGAMENTO Ó LIBRO da Biblioteca Pública D. Francisco Mayán e do certame de PINTURA.

Neste mes de febreiro, as primeiras actividades serán a actuación do mago ROMARÍS,  o sábado 11 de febreiro e o ENTROIDO, que terá lugar o luns 20 de FEBREIRO, no que se celebrará o concurso de comparsas, con 2.860 € en premios. O prazo para a inscrición das comparsas participantes remata o martes 14 de febreiro ás 13.00 h. Finalmente, na tarde do martes 21 de febreiro celebraremos unha festa para os máis cativos con inchables, obradoiros e animación musical.