SERVIZO DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E BUSCA DE EMPREGO DO CONCELLO DE CEE

31/01/2012 -

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Cee dispón dun sistema de avaliación propio dos servizos realizados para mellorar a calidade das orientacións.

Se acudíu ás entrevistas de orientación convocad@ polo Servizo Público de Emprego de Galicia ou asistíu por iniciativa propia, pode descargar o Cuestionario de Calidade no seguinte enlace para posteriormente entregalo (unha vez cuberto) nas oficinas do Casa do Concello.

 

Voltan os Sábados Culturais

01/02/2012 -

Na mañá de hoxe o Alcalde-Presidente do Concello, Ramón Vigo Sambade, presentou a programación cultural para os vindeiros meses. Os eixos principais de actuación van encamiñados a oferta teatral, coa volta do programa SÁBADOS CULTURAIS, así como a celebración de eventos tradicionais como son o ENTROIDO  e LETRAS GALEGAS. A oferta complétase cunha nova edición dos concursos de ACHEGAMENTO Ó LIBRO da Biblioteca Pública D. Francisco Mayán e do certame de PINTURA.

Neste mes de febreiro, as primeiras actividades serán a actuación do mago ROMARÍS,  o sábado 11 de febreiro e o ENTROIDO, que terá lugar o luns 20 de FEBREIRO, no que se celebrará o concurso de comparsas, con 2.860 € en premios. O prazo para a inscrición das comparsas participantes remata o martes 14 de febreiro ás 13.00 h. Finalmente, na tarde do martes 21 de febreiro celebraremos unha festa para os máis cativos con inchables, obradoiros e animación musical.

 

 

CEA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUI

17/01/2012 -

 

 

 

A recollida de tickets pode facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cee ou no teléfono 686 986 968. Colabora a Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee.

   

EXCURSIÓN ALLARIZ E XINZO DE LIMIA

24/01/2012 -

A Delegación de Presidencia, Benestar , Igualdade e Emprego organiza o domingo 12 de febreiro unha excursión a Allariz e o entroido de Xinzo de Limia.

Prezo: 18€ ( entradas a museos e xantar incluido)

Saída: 8.00h da estación de bus

Inscrición:  Centro Social

 

CURSOS DE GALEGO CELGA 1, 2, 3 E 4 NO CONCELLO DE CEE

11/01/2012 -

Dende o Concello de Cee infórmase que ata o 25 de xaneiro de 2012 estará aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de preparación das probas dos niveis CELGA 1, 2, 3 e  4 de lingua galega dirixido a particulares (adultos) e colectivos.

Os cursos impartiranse na vila de Cee e están promovidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Para formalizar a inscrición ou para obter máis información, poderase facer na Casa do Concello dirixíndose á oficina da Orientadora Laboral (2º andar) ou ben coa Normalizadora Lingüísitca (1º andar).

   

Página 1 de 9