El alcalde responde
A reordenación urbanística da praza é un dos seus proxectos estrelas. Qué traballo falta por rematar e cando podrá inaugurarse ese novo espacio urbán completamente?
Considero o programa electoral un contrato cós cidadáns e non unha mera exposición de vontades políticas.
Xa na campaña electoral puxemos de manifesto a necesidade de ordear urbanísticamente o que o tempo convertiu na praza maior do concello, así, a remodelación da mesma constitúe un dos obxetivos programáticos prioritarios do goberno que presido e que dende o primeiro momento que puxemos en marcha.
Hoxe xa podemos disfrutar dunha parte importante desa obra, nos vindeiros meses continuarase na mesma liña urbanística no espacio sitúado entre a casa do concello e a igrexa parroquial e nos dous víales que dende o mesmo dan acceso ao casco vello. Así mesmo, completarase a actuación no ámbito da contrafachada do concello coa idea de que o edificio municipal quede incluido na nova praza aínda que esté sitúado de xeito lateralizado.
A miña idea é que no final do verán ou comezos do outono, podamos inaugurar esta obra que xa tódolo cidadáns entenden como a máis importante deste mandato municipal. Inauguración na que pretendemos participen tódolos ceenses.



