Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

OBRADOIRO SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE

A Delegación de Benestar Social e Igualdade en colaboración co CIM organiza para o día 10 de novembro un obradoiro de Sostenibilidade e aforro en tempos de crise. O lugar de impartición será o antigo IES Agra de Raices ás 16:00.

Inscrición: na oficina do Centro de Información ás Mulleres ou no teléfono 981745100.

O prazo remata o día 10 de novembro.

Obxectivos do curso:

- Coñecer as técnicas de aforro familiar para o control dos gastos mensuais.

- Sensibilizar e coñecer técnicas sobre o aforro enerxético.

- Identificar as necesidades e prioridades de compra.