Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Obradoiro de decoración de tellas

Ábrese o prazo para inscribirse o obradoiro  de decoración de tellas que se realizara no Centro Social de Cee e nas parroquias de Pereiriña, Brens, Lires e Toba. Comezará en febreiro e terá unha duración de dous  meses.

Prezo:6€/persoa

Información e inscrición nas oficinas de Benestar e Igualdade.