Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

ESTADIAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Estas estadias van dirixidas a mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas de fillos/as (idades de 2 a 12 anos ambos inclusive) ou persoas dependentes.

Para solicitar estas estadías inscribirse no CIM ata o día 12 de xullo.

A duración é entre 7 e 10 dias en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais de xuño e principios do mes de xullo.