Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

O CONCELLO DE CEE PRESENTA A PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL PARA O "VERÁN 2010"

O Servizo de Deportes Municipal fai público o programa de actividades físico-deportivas para o verán 2010. Os campamentos da Deputación Provincial da Coruña, as actividades lúdicas infantís nas parroquias, os xogos populares na praia da Concha, o II Campus de baloncesto "ACB Costa da Morte", o día da bicicleta, o I Torneo de fútbol 7 Concello de Cee, a festa acuática na Pisicina Municipal, o Campus de Fútbol no Estadio Municipal "San Paio de Refoxos", etc... será  a oferta para o periodo estival.

Xa se pode descargar o tríptico de actividades e a ficha de inscrición que, unha vez cuberta e asinada, deberase entregar na oficina do Servizo de Deportes (2º andar Casa do Concello).