Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Áreas de Goberno do Concello de Cee

Servicio Municipal de Deportes

O Servicio de Deportes do Concello de Cee ten como obxectivo promover a práctica da actividade física e do deporte no noso Concello. Para elo diseñamos un Plan Anual de Actvidades Físico-Deportivas Municipal, onde fomentamos a participación nas diferentes actividades deportivas para xóvenes e maiores ademais de colaborar activamente coas entidades deportivas que existen no noso municipio. Únete as actividades do Servicio Municipal de Deportes do Concello de Cee

Servicios Sociais

Os servicios sociais do Concello de Cee ofrecen aos cidadáns asesoramento para acceder ás prestacións sociais propias do Concello, do Goberno Galego e do Goberno central. Estes servicios están dirixidos especialmente a mulleres, persoas con minusvalías, maiores, e persoas en risco de exclusión social.

Invitámoste a coñecer máis dos Servicios Sociais do Concello de Cee.

Educación, Cultura e Xuventude

Na área de Educación, Cultura e Xuventude pretendemos ofrecer ó cidadán unha serie de servicios encamiñados a complementar a formación nos mesmos, ben sexa a través da educación (Escola de Música, Teatro, Biblioteca e Axencias de Lectura) ou da Cultura, mediante a colaboración coa Fundación Fernando Blanco, que defende e promociona o noso patrimonio etnográfico, artístico e cultural. Animámoste a coñecer máis da Área de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee.

Urbanismo, Infraestructuras e Servicios Urbanos

Na área de urbanismo do Concello de Cee, infraestructuras e servicios urbanos do concello de Cee preténdese orientar a vila como espacio urbano de referencia na Costa da Morte. Animámoste a coñecer máis da Área de Urbanismo, Infraestructuras e Servicios Urbanos no Concello de Cee.

Medio Ambiente

Na área de Medio Ambiente do Concello temos como prioridade conquerir un pobo limpo na liña de mantemento do ornato público e un medio natural saúdable, a través dos medios técnicos e humanos necesarios, e dunha política orientada a erradicación de vertedoiros incontrolados, protección de espacios naturais, coidado de ríos, praias e calidade da auga de baño. Animámoste a coñecer máis da Área de Medio Ambiente no concello de Cee.

Desenvolvemento Rural e Obras Públicas

Na área de desenvolvemento rural e obras públicas do concello, temos como obxectivo prioritario o de procurar unha maior calidade de vida nas parroquias do rural do concello coa idea de que en Cee non teñamos cidadáns de primeira e segunda categoría. Animámoste a coñecer máis da Área de Desenvolvemento Rural e Obras Públicas.

Tráfico, Seguridade Cidadán e Protección Civil

Na área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil pretendemos mellorar a situación do tráfico no concello, regularizar a problemática de aparcamento e conquerir uns niveis óptimos de seguridade para toda a poboación. Animámoste a coñecer máis da Área de Tráfico, Seguridade Cidadán e Protección Civil.