Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Área de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee

No área de Educación, Cultura e Xuventude pretendemos ofrecer ó cidadán unha serie de servicios encamiñados a complementar a formación nos mesmos, ben sexa a través da educación (Escola de Música, Teatro, Biblioteca e Axencias de Lectura) ou da Cultura, mediante a colaboración coa Fundación Fernando Blanco, que defende e promociona o noso patrimonio etnográfico, artístico e cultural.

Contacto

Casa da Cultura
Casa da Cultura

Se tes calquera dúbida relacionada co área de Cultura, podes facelo no correo victor.castineira@cee.dicoruna.es ou contactar co Concello e preguntar por Víctor Manuel Castiñeira.

Persoal que traballa na cultura de Cee

  • Víctor Manuel Castiñeira Castro: Técnico de Cultura.
  • Teodomiro Lamela Lestón: Axencias de Lectura de Ameixenda e Brens.
  • Fernando Fraga Traba: Escola Municipal de Música.
  • Artur Trillo Sendón e Toño Casais: Escola Municipal de Teatro.
  • Darío Areas: Museo Fernando Blanco.
  • José Ramón Rey Senra: Biblioteca Municipal.
Feira do Libro
Feira do Libro

Actividades principais do Área de Cultura

  • Entroido.
  • Semana das Letras Galegas.
  • Verán Cultural, que inclúe a Feira do Libro e a Mostra de Teatro.
  • Outono e Nadal Cultural.
  • Programación de teatro dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
  • Concursos de pintura.
  • Concursos de achegamento ao libro.

Instalacións adicadas a Cultura no Concello de Cee

Festival de Bandas
Festival de Bandas

Se precisas algún impreso deste área, pode ser que o atopes dentro dos documentos de Cultura.