Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Exposición carteis "Xuntanza de Confraternidade dos Nosos maiores"

14/07/2009 -

A Delegación de Benestar e Igualdade organiza unha exposición na que se recopilan  os carteis de tódalas  "Xuntanzas de Confraternidade de Nosos Maiores" celebradas ata a data de hoxe. Podense ver todos estos carteis no Centro Social de Cee.