O SERVIZO DE DEPORTES MUNICIPAL SUSPENDE AS ESCOLAS E ACTIVIDADES INFANTÍS
16/12/2009 - 17/12/2009 -
O Servizo de Deportes Municipal do Concello de Cee decidiu suspender todas as escolas e actividades físico-deportivas dirixidas á poboación infantil para o mércores 16 de decembro,en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

