Medalla Fernando Blanco 2009
O Concello de Cee xa ten ganador da Medalla Fernando Blanco 2009.
Juan José López Bermúdez, “D. Juan de Toba” foi o galardoado coa Medalla Fernando Blanco 2009, despois das votacións das asociacións do Concello. Dos cinco candidatos, Marcelo Castro, Lorenzo Castiñeira, Carlos Oliete, Plácido Baamil e o propio D. Juan, pasaron á votación definitiva o director de Ferroatlántica, o promotor do noso folclore tradicional e o finalmente ganador. D. Juan acadou 12 dos 20 votos emitidos. En segundo lugar quedou Carlos Oliete e o terceiro posto foi para Plácido Baamil.
A Medalla será entregada a título póstumo ó seu fillo Xoan López Facal. O programa de actos para este domingo 6 de decembro é o seguinte:
- 17.00 horas: concerto da Banda da Escola de Música de Cee, na Praza do 8 de marzo.
- 18.00 horas: ceremonia de entrega da Medalla no Salón de Actos do Concello de Cee.
Dito acto rematará cun concerto a cargo do Trío de corda “Lira”.

