Via Stellae en Cee
Este venres 23 de xullo, o Salón de Actos do Concello de Cee acolle un dos concertos do VIA STELLAE- V FESTIVAL DE MÚSICA DE COMPOSTELA E OS SEUS CAMIÑOS. Será ás 21.00 horas e correrá a cargo do cuarteto de guitarras LOS 4 ELEMENTOS. A entrada é libre ata completar aforo. No programa, baixo o título "O século XX: a música popular", poderemos escoitar pezas de Ástor Piazolla, Celso Machado, Federico Moreno torroba, Pieter van der Staak, Máximo Pujol e Paulo Bellinatti.

