CAMBIO DE DÍA DO ROTEIRO DE SENDEIRISMO

19/04/2012 -

ROTEIRO DE SENDEIRISMO CARNOTA E VISITA A MUROS

A Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal cambia a ruta de sendeirismo  debido ás prediccións metereoloxicas para o sábado 12 de MAIO.

Saída ás 8.30 da estación de bus. Desprazamento gratuito.

Inscrición: Oficiñas de servizos Sociais e Centro Social.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

 

 

Letras Galegas

16/05/2012 -

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas e comenzamos este mércores 16 coa entrega, a partir das 18.00 horas, no Salón de Actos do Concello, dos premios dos concursos de Achegamento ó Libro, ó Teatro e Na Procura do Noso Marca- páxinas,organizados pola Biblioteca Municipal “D. Francisco Mayán”.

Xoves 17 12.30 h. PRAZA DA CONSTITUCIÓN Concerto da Banda de Música de Cee (se chove, será no Salón de Actos do Concello)

A partir das 16.30 H. FESTA INFANTIL CON XOGOS TRADICIONAIS E OBRADOIRO DE CHAPAS (se chove será no Pavillón Polideportivo)

Domingo 20 19.00 H. SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO Teatro infantil: “O señor das dunas” (para nen@s a partir dos 6 anos). Entrada gratuita. Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

CURSO DE DEFENSA PERSONAL EN CEE

18/04/2012 -

Este venres 20 de abril ás 21.00 horas terá lugar, nas instalacións da Piscina Municipal de Cee, un novo curso de defensa personal dirixido a toda a poboación impartido por  José Calabria Díaz (I Dan de defensa personal, IV Dan de hapkido e I Dan taekon-do ITF).

A inscrición será gratuíta e se poderá facer na Pisicina Municipal de Cee ou chamando ao teléfono 981.747973

Esta actividade está organizada pola entidade ceense "Club Cee Deportes de Conctacto" e conta coa colaboración da empresa concesionaria Aquacenit e do Concello de Cee.

   

Menciñeiros de Cunqueiro nos Sábados Culturais

08/05/2012 -

Menciñeiros constitúe un esforzo máis na aposta da compañía Volta e Dálle por recuperar para o teatro o patrimonio cultural galego. E faino desta volta outorgándolle o protagonistmo escénico a unha das figuras máis interesantes do imaxinario tradicional do noso país: os menciñeiros ou curandeiros.

Baseado en Escola de menciñeiros, do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do curandeiros e divulgar a obra deste autor, do que en 2011 se celebrou o centenario do seu nacemento.

O lugar da representación é o adro dunha igrexa, o momento é o serán. A acción arrinca entre o paseo e a parola, desculpa para que comece a aparecer ou a evocarse sobre as táboas os menciñeiros retratados por Cunqueiro. Os encargados de darlles vida a estas figuras son Pepe Penabade, Mini e Mero, tres vellos menciñeiros que ven a fin do seu tempo pero gardan na memoria or recordo de Borrallo da Lagoa, Lamas Vello, Xil da Ribeira ou Silva da Posta.

Menciñeiros é un espectáculo vivo, diferente en cada función, respectuoso co texto literario do que parte pero aberto as posibilidades de cada momento da representación e, tamén, cheo de música e baile.

Sábado 12 de maio, Salón de Actos do Concello de Cee, 20.45 horas

Rede Galega de Teatros e Auditorios. Entradas a 1.5 e 2.5 €.

Taquillla aberta desde as 20.15 horas.

 

Premiados no IX Concurso de Pintura

05/05/2012 -

 

IX CONCURSO DE PINTURA CONCELLO DE CEE

Na mañá de hoxe sábado 5 de maio deuse a coñecer o fallo do xurado do IX Concurso de Pintura. O acto tivo lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco no que ó longo deste mes se poderá ver a exposición que recolle as obras presentadas.

 O 1º  premio valorado en 1.000 €  foi para D. Luis Guillermo Guerra Aguilera con D.N.I. nº 48.113.005-H, pola súa obra “Praia das leiriñas”.

Un dos accésits valorado en 600 € foi para  D. Jorge Luis Miranda Carracedo, con D.N.I. X-4918106-Q, pola súa obra “Luz sobre Cee”.

Finalmente, o outro accésit, tamén valorado en 600 € foi para  Dna. María Teresa Faginas Díaz, con D.N.I. nº 32.356.055-T pola obra “Costa da Morte”.

   

Páxina 1 de 12