Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Servizo Municipal de Deportes do Concello de Cee

Obxectivos

Logo Área de Deportes do Concello de Cee

O Servizo de Deportes Municipal de Cee é o órgano encargado de promover, coordinar e desenvolver as actividades físico-deportivas dentro do municipio.

Entre os seus cometidos están:

  1. Fomentar a actividade física e o deporte como medio de desenvolvemento persoal e de integración social.

  2. Prestar un servizo de calidade que responda ás necesidades e expectativas de todos os grupos de interés mediante plans, actividades e propostas de mellora constantes.

  3. Potenciar os valores que converxen cos do espírito deportivo: esforzo, traballo en equipo, respecto, confianza, apoio, aprendizaxe, innovación e mellora continua.

  4. E, en canto aos fins, pódense sintetizar nestas intencións: incentivar o hábito de práctica físico-deportiva, adaptar a oferta de actividades ás necesidades e intereses de todos os veciñ@s, estimular o "deporte en idade escolar" utilizando os valores educativos como instrumento de desenvolvemento persoal e de mellora da calidade de vida, apoiar o "deporte de competición" colaborando co tecido asociativo existente, potenciar o "deporte para todos", etc.

Contacto

Se tes calquera dúbida relacionada co Servizo de Deportes, podes facelo a través do correo electrónico deportes@concellocee.es ou contactar co Concello.

Impresos e outros documentos

Se buscas formularios de inscrición, ordenanzas municipais, ... ou calquera outro impreso relacionado con nós, recomendámoste que consultes a sección de descarga de documentos.

Se non o atopas aí, contacta con nós e cho faremos chegar o antes posible.

Instalacións deportivas

No Concello de Cee contamos con diferentes instalacións nas que poder practicar actividade físico-deportiva. Aquí mostramosche todas as instalacións deportivas do Concello de Cee.

Tamén podes descargar os roteiros a pé do concello.

Escolas e actividades deportivas

Desde o Servizo de Deportes do Concello de Cee poñemos a disposición de tod@s diversas escolas e actividades que teñen como meta a promoción deportiva e o acercamento da práctica de actividade física ao maior número de veciñ@s ao longo de todo o ano.

O PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS MUNICIPAL está estructurado en dous programas:

     1. Programación Deportiva Municipal "Curso 2011-2012". Descarga o tríptico

     2. Programación Deportiva Municipal "Verán 2012"

Tamén se pode descargar a oferta completa do complexo deportivo "Piscina Municipal de Cee".

Outras actividades-eventos deportivos puntuais: Curso 2011-2012.

Entidades deportivas do municipio

No Concello de Cee contamos con dous clubs de fútbol, un de baloncesto, un equipo ciclista, un club de hoquei a patíns, un club de patinaxe artístico, tres clubs de taekwondo-kick boxing, un club de baile deportivo e un club de tenis. Invitámoste a coñecer máis polo miúdo as entidades deportivas do Concello de Cee.