Foto de Ramón Vigo, Alcalde de Cee

Olá, son Ramón Vigo, alcalde de Cee. Nesta sección os veciños e visitantes do nos concello teñen a oportunidadede comunicarnos directamente as suas dúvidas ou preocupacións.

Se queres PREGUNTAR ALGO precisaste rexistrar (ou autenticarte como usuario xa rexistrado).

Aceptamos as críticas, pero sempre que estean formuladas con corrección. Moitas grazas.

 

O alcalde resposta

Ten o goberno algún plan estructurado de desenvolvemento rural para o tempo que resta de mandato municipal?

Enviado por Usuari@ o día 06/05/2009.

De todos é sabido, a importancia que ten para este goberno o desenvolvemento rural.

Sempre que tivemos oportunidade de decidir optamos porque o progreso das parroquias seguisen un curso paralelo ao desenvolvemento da vila. Para a segunda metade do mandato, a concellería de Obras Públicas e Desenvolvemento Rural que dirixe Juan Areas ten planificado un conxunto de actuacións que abrangue a totalidade das parroquias, que se presentará oportunamente en datas próximas, e que supera o millón de euros de inversión.