Foto de Ramón Vigo, Alcalde de Cee

Olá, son Ramón Vigo, alcalde de Cee. Nesta sección os veciños e visitantes do nos concello teñen a oportunidadede comunicarnos directamente as suas dúvidas ou preocupacións.

Se queres PREGUNTAR ALGO precisaste rexistrar (ou autenticarte como usuario xa rexistrado).

Aceptamos as críticas, pero sempre que estean formuladas con corrección. Moitas grazas.

 

O alcalde resposta

Como veciño da parroquia de Lires gustaríame facerlle unha pregunta sobre tres temas: para cando tdt, internet sin fíos e cobertura de movil na nosa parroquia? Gracias

Enviado por Usuari@ o día 14/05/2009.
Hola Francisco,
 
temos nestos momentos unha empresa traballando para a instalación dunha rede Wimax e Wifi para poder dispoñer de internet en toda a zona rural do concello.
 
A cobertura de móvil non depende da nosa vontade política senón da decisión da empresa de telefonía. En calquer caso, cónstame que Vodafone está para instalar unha antena que facilite a cobertura.
 
Sobre o TDT estamos traballando para que se visualice en todo o concello coincidindo có apagón analóxico.
 
Un saúdo.