Foto de Ramón Vigo, Alcalde de Cee

Olá, son Ramón Vigo, alcalde de Cee. Nesta sección os veciños e visitantes do nos concello teñen a oportunidadede comunicarnos directamente as suas dúvidas ou preocupacións.

Se queres PREGUNTAR ALGO precisaste rexistrar (ou autenticarte como usuario xa rexistrado).

Aceptamos as críticas, pero sempre que estean formuladas con corrección. Moitas grazas.

 

O alcalde resposta

Hola Ramón. De novo gracias pola túa resposta; preocúpame un pouco a falta de actividade no casco antigo do pobo. Pensouse en algunha forma de activar esta zoa? (rehabilitación de vivendas, levar algún organismo público para alí....) Grazas.Saúdos.

Enviado por Usuari@ o día 13/11/2009.
Hola David:
A rehabilitación do casco antigo está plantexada a nivel integral. Primeiro, urbanísticamente, e con posterioridade, socioeconómicamente. Ahí, ten que implicarse o sector público e o sector privado. O que tí plantexas de ubicar servicios públicos, forma parte do noso proxecto.
Un saúdo cordial.