Foto de Ramón Vigo, Alcalde de Cee

Olá, son Ramón Vigo, alcalde de Cee. Nesta sección os veciños e visitantes do nos concello teñen a oportunidadede comunicarnos directamente as suas dúvidas ou preocupacións.

Se queres PREGUNTAR ALGO precisaste rexistrar (ou autenticarte como usuario xa rexistrado).

Aceptamos as críticas, pero sempre que estean formuladas con corrección. Moitas grazas.

 

O alcalde resposta

XUNQUEIRA 2010. eu estiben en canarias e alí facían unha votación para que os veciños decidisen que orquestas e actuación querían. poñian unha lista das orquestas e as actuacións que podían vir e votaban. qué lle parece?

Enviado por Usuari@ o día 24/11/2009.
As críticas coas orquestras veñen provocadas porque eiquí non actúan París, Panorama e Olimpus, e a circunstancia que o motiva  non é unha actitude caprichosa, senón que ven dada porque estas orquestras triplican o seu caché nas datas da nosa festa e non nos parece xusto que nos coste a nós moitísimo máis que aos concellos e parroquias limítrofes.
 
Un saúdo.