Acerca de Cee
Callejero do Concello de Cee
(Descárgao en jpg(800 MB))
Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a comarca.
Grazas a estes servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que convirte a vila nun lugar onde poder disfrutar:
- Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
- Incomparable marco natural.
- Excelente gastronomía.
- A pouca distancia de Santiago ou A Coruña.
- Grandes posibilidades para investir.
As parroquias
O municipio está formado por 6 parroquias: Santa María de Cee, urbana, e as outras 5 son de carácter rural. Grazas a iso, o concello combina a calidade e cercanía dos servicios con sosegados espazos rurais.
Localización
Centro administrativo e de servicios da Comarca de Fisterra, dentro da zona coñecida como Costa da Morte, e apenas a 1 hora en coche de Santiago de Compostela ou A Coruña. Coñece como chegar ao Concello de Cee.
Historia de Cee
Levamos aquí moito, moito tempo. Xa na época dos romanos habitamos a zona, da que quedan importantes restos. Se queres coñecer máis, ofrecémoste un repaso pola historia de Cee.
As festas
Cada unha das 6 parroquias ten a súa festa popular. E cada unha ten a súa personalidade, o seu ambiente e o seu aquel. Descubre todas as festas do Concello de Cee.
O Mercado
Todos os domingos, semana tras semana, prodúcese en Cee un fenómeno que atrae á vila a moita xente da bisbarra. Se queres ver o fervedoiro no que se convirte a nosa vila, recomendamos visitar o noso mercado dominical.
Praias e patrimonio natural e etnográfico
Cee conta cunha ampla variedade de praias e entornos naturais de extraordinaria beleza. Ademais, o camiño de Santiago, no seu paso cara Fisterra e Muxía, contribúe a engrandecer o seu patrimonio natural e etnográfico.

