Festas do Concello de Cee

Fogos de artificio das Festas da Xunqueira
Inverno
- Nadal Cultural, con diferentes actividades culturais (especial atención aos nenos): decembro.
- Cabalgata de Reis: 5 de xaneiro.
- Entroido de Cee: o desfile máis grande da Costa da Morte con grupos e comparsas que se reparten importantes premios.
Primavera
- Día da Muiñeira: 1 de Maio.
- Semana das Letras Galegas: diversos actos culturais enmarcan esta celebración literaria.
- Festas de San Antonio, en Xallas: 2º domingo de xuño.
- Festas de San Adrián, en Toba: 16 e 17 de xuño.
- Festas do Corpus, en Pereiriña: en xuño.
Verán

Teatro na Rúa. Mostra de Teatro
- Festas de San Cristo de Cee, e Mostras Culturais en Brens e Ameixenda: en xullo.
- Sardiñada no día da Virxe do Carme: 16 de xullo.
- Verán Cultural con varias actividades culturais (música, teatro, cine...): xullo e agosto.
- Festas do Apóstolo, en Ameixenda: 25 e 26 de xullo.
- Feira do libro: 2ª semana de agosto.
- Festas da Xunqueira, con procesións, bandas de música, verbenas, fogos de artificio e concertos: 13 ó 16 de agosto.
- Mostra de Teatro de Cee, unha das mostras máis importantes de Galicia: 2ª quincena de agosto.
- Festa do Berberecho: finais de agosto.
Outono
- Outono Cultural, con diferentes eventos de teatro e música: outubro e novembro.

