Museo Fernando Blanco de Lema

Museo Fernando Blanco
Horario
- martes a sábado: 10:00 a 13:00 / 17:00 a 19:00.
Contacto
- Enderezo: Praza da Constitución, 25. 15270 - Cee (A Coruña).
- Teléfono: 981 747 221.
- e-mail: fundacioncee@hotmail.com.
Colección
A maior parte da colección do Museo consiste en instrumental científico e o material didáctico das antigas cátedras, laboratorios e gabinetes do vello instituto-escola de finais do século XIX. Tamén destacan as coleccións de animais, minerais e foseis, así como os fondos artísticos e pictóricos ou a colección de ourivesaría relixiosa.
Se queres saber máis, consulta a web da Fundación Museo Fernando Blanco.

