Se estás a buscar información sobre o Concello de Cee, tamén poden interesarche outras seccións:

Actualidade

O día a día do Concello con novas e unha axenda de acontecementos.

Directorio

Poderás ver os servicios esenciais de Cee, un listado de empresas e asociacións e un listado de contactos no propio Concello.

Documentos

Nesta sección podes descargarte impresos e documentos de utilidade.

Áreas de Goberno

Visita esta sección se queres saber máis do Servicio Municipal de Deportes, da Área de Educación, Cultura e Xuventude e os Servicios Sociais do Concello de Cee.

 

Localización do Concello de Cee

Localización do Concello de CeeA carón do Océano Atlántico, e moi preto da terra dos romanos, atópase a vila de Cee, centro neurálxico de servicios na Costa da Morte. Situada a 94 kilómetros da cidade de A Coruña e a 74 de Santiago de Compostela, Cee é un centro de referencia na zona centro-oeste da provincia coruñesa.

Somos parte dunha comarca sen realidade administrativa coñecida como A Costa da Morte.

O territorio do Concello de Cee asómase ao mar por 3 fragmentos de costa: a ría de Lires no Noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrá, e desde o mesmo Cee ata a enseada do Ézaro.

O municipio ten unha superficie de 54.2 km2 nos que viven algo máis de 7500 habitantes distribuídos en 6 parroquias: A Ameixenda, Brens, Cee, Lires, A Pereiriña e Toba.

Como chegar

A forma máis cómoda de chegar até Cee é dende Santiago -a capital de Galicia- ou dende A Coruña -capital de provincia-. Ambas cidades contan con aeroporto que as conecta con varias cidades españolas e europeas.