Se estás a buscar información sobre o Concello de Cee, tamén poden interesarche outras seccións:

Actualidade

O día a día do Concello con novas e unha axenda de acontecementos.

Directorio

Poderás ver os servicios esenciais de Cee, un listado de empresas e asociacións e un listado de contactos no propio Concello.

Documentos

Nesta sección podes descargarte impresos e documentos de utilidade.

Áreas de Goberno

Visita esta sección se queres saber máis do Servicio Municipal de Deportes, da Área de Educación, Cultura e Xuventude e os Servicios Sociais do Concello de Cee.

 

O mercado dominical

Mercado Dominical de Cee

Os domingos escenifícase en Cee o que representa esta vila para a comarca, cando comerciantes e feirantes instalan os seus postos e o centro vibra cunha intensa actividade comercial.

No mercado podemos atopar xénero de todo tipo, destacando especialmente os alimentos de gran calidade que alí se ofrecen: chacinería, pan, froitas, verduras e peixes e mariscos na praza de abastos, que tamén abre este día.

O mercado é o motor económico dos domingos en Cee e atrae a tanta xente que toda a vila se convirte nun grande centro comercial onde case todos os negocios permanecen abertos toda a mañá.

Ademais de darnos a posibilidade de mercar aquelas cousas para as que non tivemos tempo durante o resto da semana, o mercado é un lugar perfecto para desfrutar dunha soleada mañá de domingo.