Se estás a buscar información sobre o Concello de Cee, tamén poden interesarche outras seccións:

Actualidade

O día a día do Concello con novas e unha axenda de acontecementos.

Directorio

Poderás ver os servicios esenciais de Cee, un listado de empresas e asociacións e un listado de contactos no propio Concello.

Documentos

Nesta sección podes descargarte impresos e documentos de utilidade.

Áreas de Goberno

Visita esta sección se queres saber máis do Servicio Municipal de Deportes, da Área de Educación, Cultura e Xuventude e os Servicios Sociais do Concello de Cee.

 

Praias e patrimonio natural e etnográfico

O Concello de Cee brinda aos nosos visitantes unha interesante ocasión para descubrir as fermosas paraxes do corazón da mítica Costa da Morte, da súa terra e do seu mar.

Ría de Lires

Aquí mostramos unha escolma de lugares privilexiados do Concello:

Ría de Lires

Situada entre o Cabo Touriñán e o Cabo Fisterra, forma parte do Lugar de Interese Comunitario "Costa da Morte" da Rede Natura 2000 polo seu enorme valor ecolóxico, especialmente ornitolóxico, debido a que se constitúe nun lugar de paso de numerosas aves mariñas.

Así pois, aquí temos unha oportunidade para todos aqueles amantes da natureza de deleitarse co conxunto da flora e da fauna, ao lado do Océano Atlántico.

Praia de Gures

Praia de Gures

Esta praia, na parroquia de Ameixenda, compaxina perfectamente o espazo do mar e da area das piñeirais que nos ofrecen a súa agradable sombra. Está moi recollida e abrigada, razón pola que é moi concorrida durante todo o verán.

A Concha

Esta é a praia urbana do Concello, sita na capital, a carón do novo paseo marítimo. Cómoda e de fácil acceso. Cada 15 de agosto se celebran alí os espléndidos fogos artificiais en honor á Virxe da Xunqueira.

Praia de Estorde

Estorde

Atópase na estrada cara a Fisterra. Conta cun cámping dotado de todo tipo de servicios e un amplo aparcamento. É a praia con maior afluencia de público. Ten unha gran variedade de servicios, incluíndo un servicio de "biblio-praia". Por esto foi distinguida coa "bandeira azul".

O Camiño de Santiago

Cee é paso obrigado para aqueles camiñantes que, despois de render culto ao Apóstolo en Santiago, dirixen os seus pasos cara ao Finisterrae medieval, onde se atopan os coñecidos santuarios do Cristo de Fisterra e da Barca de Muxía.

O Camiño de Santiago entra no Concello de Cee polo monte de San Pedro Mártir, onde atopamos unha ermida moi antiga adicada a este santo ao carón dunha fonte milagreira para as doenzas de reuma, pés e verrugas.

Camiño de Santiago

Continuando cara o sur, no alto do Cruceiro da Armada, pódese contemplar o Cabo Fisterra na inmensidade do Océano Atlántico.

Cando se chega ao núcleo urbano o camiño avanza ata pasar por diante da Igrexa de Santa María da Xunqueira que, a pesar das desfeitas cometidas durante a invasión napoleónica, conserva a súa cabeceira gótica.

A importancia de Cee neste Camiño a Fisterra e Muxía está ben contrastada documentalmente e durante a época moderna chegou a contar cun pequeno hospital para peregrinos.