Cee é o Concello máis poboado dos que conforman a Costa da Morte e fai de centro de servicios para a bisbarra.

Grazas a estos servicios recibimos a xente de todos os lados, desde traballadores a feirantes, o que nos convirten nunha vila onde poder disfrutar:

  • Servicios esenciais dentro da Costa da Morte.
  • Incomparable marco natural.
  • Excelente gastronomía.
  • Grandes posibilidades para investir.

Coñece máis o Concello de Cee

 

Servicios sociais do Concello de Cee

Os servicios socias do Concello de Cee ofrecen aos cidadáns asesoramento para acceder ás prestacións sociais propias do Concello, do Goberno Galego e do Goberno central.

Servicios Sociais de Atención Primaria

Definición

Os servizos sociais de atención primaria constitúen o nivel máis cercano ó usuario e ó seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu entorno comunitario, especialmente daqueles que están, ou corren o risco de estar, en situación de carencia ou marxinación.

Programas e Equipamentos

1. Programa de Información, Orientación e asesoramento: Que trata de dar resposta á demanda do usuario informando e asesorando sobre os recursos sociais existentes. Inclúe a tramitación de diversas prestacións do sistema público de servizos sociais, dirixido a toda a poboación. Este programa é desenvolvido por unha traballadora social.

Prestacións (incluídas no programa, de información, orientación e asesoramento)

Tramitación de solicitudes de:

  • Xestión de solicitudes de valoración da dependencia
  • Pensións Non Contributivas (xubilación, invalidez…)
  • Renda de Integración social de Galicia (R.I.S.G.A.)
  • Axudas para situacións de emerxencia social
  • Axudas para discapacitados e maiores en situación de necesidade (prótese dentais, auditivas, adaptación do fogar, axudas técnicas,...)
  • Recoñecementos e revisións do grao de minusvalía
  • Programa de Termalismo social do IMSERSO para maiores (estancias en balnearios)
  • Vacacions para maiores do IMSERSO
  • Vacacións e estancias en balnearios para persoas con minusvalías
  • Programa de Turismo social da Xunta (balnearios e viaxes)
  • Cheque asistencial (de axuda no fogar, centros de día e residencia para persoas maiores)
  • Servizo de Teleasistencia domiciliaria
  • Residencias para maiores
  • Residencias para discapacitados
  • Estancias de respiro familiar para persoas maiores
  • Estancias de respiro familiar para persoas con minusvalías
  • Estancias temporais en residencias de maiores
  • Acollemento familiar para persoas maiores e discapacitadas
  • Solicitudes de expedición do título de Familias numerosas e carné familiar
  • Axudas de apoio ás familias para a preservacións dos menores no seu contorno
  • Acollemento familiar de menores
  • Garda de menores
  • Prestacións económicas de pagamento único por fillo menor de 3 anos
  • Prestacións sanitarias do SERGAS
  • Solicitudes de plaza no colexio “Calvo Sotelo”, dependente da Deputación Provincial
  • Prestacións sanitarias do SERGAS
  • Expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida
  • Trámites do Abono Social de Telefónica
  • Axudas asistenciais para emigrantes retornados
  • Emisión de informes sociais
  • Programa Xuntos polo Nadal
  • Trámites administrativos relacionados
  • Etc…

2. Programa de Axuda no Fogar: Mediante este programa téntase facilitar ás persoas e/ou familias, no séu propio contorno de convivencia, unha serie de atencións e apoios que combinan, segundo os casos, atencións de carácter persoal, doméstico, técnico, social, educativo ou rehabilitador, para a mellor realización das actividades cotiás, evitando así un posible internamento, potenciando a súa propia autonomía e promovendo unha mellora da calidade de vida pero nunca eximindo á familia das súas responsabilidades, senón buscando a colaboración.

Como complemento a este servicio ou de xeito independiente está o servizo de TELEASISTENCIA domiciliaria, que consiste nun dispositivo que garante a axuda necesaria en situacións de emerxencia sanitaria, social ou doméstica de forma inmediata as 24 horas do día e tódolos días do ano.

3. Programa de prevención e inserción social: Inclúe accións específicas destinadas a persoas ou colectivos que están ou están en risco de estar en situación de exclusión social. Combínanse prestacións económicas ou en especie con proxectos personalizados de inserción social. Neste programa inclúense prestacións coma:

  • 3.1. Renda de inserción social de Galicia (RISGA).
  • 3.2. Axudas para situacións de emerxencia social (a nivel municipal ou Xunta).

4. Programa de animación e prevención comunitaria: Consiste en intervencións no ámbito da familia e infancia, con carácter preventivo, educativo e rehabilitador, e actividades dinamizadoras da comunidade. Abrangue diferentes tipos de actuacións:

4.1. Actividades dinamizadoras da comunidade: Preténdese intervir no ámbito da comunidade e da familia mediante actividades tanto lúdicas como formativas que dinamicen e fomenten o tecido social municipal.

  • 4.1.1. Actividades socioculturais: actividades lúdicas e de esparcimento dirixidas a tóda a poboación.
  • 4.1.2. Charlas, seminarios, xornadas…. Dirixidas a toda a poboación e tratando en profundidade aspectos de interese xeral.

Equipamentos e Persoal

1 centro de servizos sociais (CSS) con:

  • 1 Unidade de traballo social (UTS) co seguinte persoal: 1 traballadora social, 1 auxiliar administrativa, 5 auxiliares de axuda no fogar.
  • 1 educadora familiar para o desenvolvemento do programa de educación familiar.

O CSS está ubicado no 2º andar da Casa do Concello.

Horario de atención ao público da traballadora social

  • Luns, mércores e venres de 9:30 ás 13 h.

Servicios Sociais de Atención Especializada Municipais

Equipamentos, servicios e programas dirixidos a distintos sectores de poboación con características definidas

  • 1. Familia. Programa de Educación Familiar
    Coa finalidade de prestar apoio e atención educativa e social a familias e menores no seu propio entorno de convivencia.
  • 2. Persoas Maiores: Centro Social Municipal

Persoal

Coordinadora do centro social.

Actividades con Carácter Anual

  • Teatro, Coro, Pandereta, Bingo, Taller de Memoria, Ximnasia…(para maior información sobre estas ou outras actividades que se poidan desenvolver consultar no centro).
  • Servizo de podoloxía/ fisioterapia.

Horarios

  • Luns a venres: de 10:00 a 13:00, e de 16:00 a 20:00.
  • Sábado: de 11:00 a 13:00, e de 16:00 a 19:30.
  • Domingos e festivos: de 16:00 a 19:30.
  • No verán o horario de tarde do centro é de 16:30 a 20:30.

Enderezo

Rúa Rosalía de Castro s/n
. 15270. Cee.
Teléfono: 981 747 654.

Muller: CIM (centro de información ás mulleres)

Conta con persoal especializado en temas de muller que proporcionan: información, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico. Dende o CIM tamén se realizan actividades divulgativas, campañas informativas e diferentes obradoiros que promuevan a igualdade entre homes e mulleres.

No caso de que fora preciso, o centro ofrece acompañamento ás distintas entidades ás mulleres.: Xulgado, Garda Civil,INEM, centro médico.

Prestacións que se poden tramitar dende o CIM

  • Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violenciade xénero. (Salario da Liberdade)
  • Pagamento único para as mulleres que sofren violencia de xénero
  • Fondo de garantía do pago de alimentos
  • Axudas económicas para traballadores que reduzan a súa xornada laboral
  • Axudas ás mulleres para retomar o proceso educativo

Programas

  • Teleasistencia para vítimas de violencia
  • Programa de Fomento da inserción laboral para vítimas de violencia
  • Vivendas de aluguer de adxudicación directa
  • Programa de estadías de tempo libre para mulleres con fillas/os exclusivamente ao seu cargo

Persoal

  • Directora/psicóloga
  • 1 avogada con adicación parcial

O CIM está ubicado no 2º andar da Casa do Concello.

Horarios de atención ao público

  • Luns: de 13:00 a 14:00.
  • Martes: de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
  • Mércores: de 10:00 a 14:00.
  • Xoves e venres: de 9:00 a 14:00.

A avogada atenderá ao público os mércores previa cita de 9 a 14:00.

Infancia: Guardería Infantil

Servicio para a atención de menores de 0 a 3 anos.

Documentos

  • Regulamento de réxime interno da Gardería Municipal de Cee (descargar)
  • Proxecto Educativo da Gardería Municipal de Cee para o curso 2009-2010 (descargar)

Persoal

  • 1 mestre en educación infantil
  • 1 técnico en educación infantil
  • 2 auxiliares de xardín infancia

Horario

De luns a venres de 8:00 a 20:00 h

Enderezo

Rúa Campo do Sacramento s/n, Cee. 15270 Cee.
Teléfono: 981 747 506.

Colaboracións con ONG

Colabórase coa Solidariedade galega co pobo Saharaui participando no programa Vacaciones en Paz, traendo ó Concello a nenos saharauis a pasa-los meses de verán acollidos por familias ceenses.